Os nenos de Educación Infantil fomos de visita a ECOescola e aprendemos moitas cousas sobre a reciclaxe. Tamén coñecemos a Refu e aos seus amigos. Foi moi divertido!!!!
Mostrando entradas con la etiqueta COMÚNS INFANTIL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COMÚNS INFANTIL. Mostrar todas las entradas
CHEGA O SAMAGOSTEEN
Este año no Samagosteen fixemos xogos populares no patio e comemos castañas. Pasámolo xenial !!!!!!
TALLER DE COCIÑA
Aproveitando a chegada do Samagosteen fixemos un taller de cociña. Esta vez preparamos: arañas terroríficas, pantasmas e mini bocadillos con formas. Que rico estaba todo!!!!
CONCERTO DA ESCOLA DE MÚSICA
A primeira saída deste curso foi ao Cine Alovi ver un concerto da Escola de Música, tocaron cancións de diferentes países e pasámolo xenial.
Visita á Garda Civil
Fixemos unha visita á garda civil onde ademais participamos levando alimentos para os máis necesitados.
SEMANA DO LIBRO
SEMANA DO LIBRO.
Esta semana foi moi intensa, limos o xornal do cole "A VOZ DO SANTA MARÍA"
CONTA CONTOS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Esta semana foi moi intensa, limos o xornal do cole "A VOZ DO SANTA MARÍA"
CONTA CONTOS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
E por último coñecimos unha personaxe moi peculiar, que nos fixo adentrarnos nun mundo cheo de aventuras
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE.
Este día aprendimos moitas propiedades das froitas e verduras, como estabamos na semana da froita tamén probamos moitas delas.
QUE RICAS!!!!!!!!
DÍA DA MULLER
Co gallo da celebración do Día da Muller, todos as nenas e nenos de educación infantil fomos a ver unha obra de teatro cunha protagonista moi especial: Frida Kahlo, que, xunto cun particular e chistoso Capitán Grelo, nos achegou a figura doutras importantes mulleres da nosa contorna.
2º TALLER DE COCIÑA
Como nos gustou moito cociñar decidimos repetir a experiencia, esta vez fixemos macedonia de froitas e un pantasma terrorífico.
Todo estaba delicioso e ademais pasámolo moi ben.
Todo estaba delicioso e ademais pasámolo moi ben.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 24 de febreiro, día do nacemento da escritora, celébrase o Día de Rosalía para celebrar esta conmemoración aprendemos un poema e fixemos un debuxo. QUE BONITO NOS QUEDOU!!!!!!
O NOSO ENTROIDO
Chegou o entroido no cole e logo de traballar moito nestes días para facer o noso disfraz, hoxe foi o día de estrealo.
Así que, ataviados como cabaleiros, marchamos cara o concello para defender o noso "Cole-Castelo".
Unha vez de volta no colexio, tiñamos unha gran merenda con orellas, batidos e freixós, que estaban riquísimos!
E para rematar a celebración fixemos a queima do noso "Meco", co que nos despedimos así do entroido ata o próximo ano.
A PAZ
A PAZ
Este ano a paz démoslle un toque de cor, a nosa pomba luciu chea de cores
Apaz en infantil - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Tamén fixemos cos nosos compis de primaria unha obra de teatro e cantamos no patio
FESTIVAL DE NADAL
Hoxe celebramos o noso festival de Nadal.
Os máis pequenos, atabiados coma árbore de Nadal, interpretamos a panxoliña: TURRÓN E MAZAPÁN.
Os nenos de 5º de educación infantil fixemos mediante lingua de signos a panxoliña: CHEGOU O NADAL.
E os maiores, como auténticos bonecos de neve, cantamos a canción: MUÑECO DE NIEVE.
Foi un día moi emocionante e bonito, pasámolo moi ben disfrazándonos e actuando para todos os nenos, familias e mestres.
Grazas a todos os que participáchedes neste día marabilloso.
CONEXIÓN CON PAPÁ NOEL DENDE A LAPONIA
Vaia sorpresa tivemos hoxe. Logo de tomar as nosas merendas fixemos unha breve pero moi emocionante visita á aula Cemit situada no Centro de Usos Múltiples da Casa Dopeso pois alí nos esperaba...PAPÁ NOEL!
As novas tecnoloxías fixeron posible que dende a lonxana Laponia, Papá Noel falara con nós. Preguntóunos moitas cousas: os nosos nomes, como nos portamos neste ano e o máis importante, que queríamos que nos trouxese para o vindeiro 25 de decembro.
Moitas gracias Papá Noel por ter un ratiño para nós nestes días de tanto traballo.
VISITA RAÍÑA DAS NEVES
Achégase o Nadal e por iso hoxe no tivemos no cole a visita dun Raíña moi especial: a Raíña das Neves.
Viña cargada de caramelos para todos os nenos e nenas e con moitas ganas de que eles lle contaran que desexos tiñan para o novo ano.
COAS MANS NA MASA. TALLER DE COCIÑA.
Comezamos decembro co noso primeiro taller de cociña deste curso.
Nesta ocasión, como estamos a traballar no noso proxecto dos castelos a nosa elaboración cularinario tamén estivo moi relacionada. Fixemos uns estupendos castelos de pan de molde e crema de cacao e unhas "bolas" de chocolate perfectas para as catapultas dos nosos castelos.
VISITA Ó CONCELLO
Englobada dentro das actividades anuais dirixidas a que os máis pequenos coñezan o seu entorno máis próximo, fixemos hoxe unha visita ó concello.
Nesta saída puidemos ver algunhas das dependencias do concello coma o salón de plenos, a alcaldía, as oficinas de administración, así como coñecer o funcionamento do mesmo.
Tamén ao finalizar a visita tivemos un agasallo para cada un de nós.
Moitas grazas!
SAMAGOSTEEN
Chegou a época do Magosto, do Halloween e tamén do Samaín, por iso, no colexio fixemos unha gran festa para celebralo: O SAMAGOSTEEN.
LILI (a nosa mascota da biblioteca) decorou o seu fermoso castelo para a ocasión.
Tamén a AMPA do cole colaborou nesta festa, deixando o colexio "TERRORÍFICO" cheo de grandes teas de araña, pantasmas, morcegos e mesmo un enorme espantallo.
VISITA Á EXPOSICIÓN DE FUNGOS E COGUMELOS
Hoxe fixemos unha pequena pero moi gratificante viaxe pois, logo de moito traballar nos nosos traballos para o concurso de carteis da vindeira XXVII Feira dos Fungos e Cogumelos, poidemos ver como lucían todos eles na sala de exposicións do Mercado Vello. Non só poidemos ver os nosos traballos, senón tamén os dos nosos compañeiros do colexio e tamén dos outros centros escolares do pobo.
Encantóunos!
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Hoxe é un día para celebración, pois o 22 de outubro é o día elexido coma O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Como sabedes, ademáis da nosa biblioteca de aula, temos unha marabillosa biblioteca de centro.
Nela vive LILI, a nosa mascota da biblioteca, que no día de hoxe, nos enviou unha carta para que foramos a visitalo.
AQUÍ VOS DEIXAMOS COA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)