O NOSO ENTROIDO

Chegou o entroido no cole e logo de traballar moito nestes días para facer o noso disfraz, hoxe foi o día de estrealo.

Así que, ataviados como cabaleiros, marchamos cara o concello para defender o noso "Cole-Castelo". 

Unha vez de volta no colexio, tiñamos unha gran merenda con orellas, batidos e freixós, que estaban riquísimos!

E para rematar a celebración fixemos a queima do noso "Meco", co que nos despedimos así do entroido ata o próximo ano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario