Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas

FELICIDADES VALERIA FRAGA!

E para rematar este segundo trimestre, facémolo cunha nova celebración de aniversario. Hoxe é o día de Valeria F., pois está a piques de celebrar o seu 4º aniversario. Valeria é unha gran "chef" pois, para merendar hoxe, fixo coa axuda da súa familia unhas riquísimas galletas e madalenas.
Estaban deliciosas! 
Desexamos que che gustara o noso agasallo. 
Moitos parabéns Valeria!

FELICIDADES ADRIANA!

Comezamos o mes cunha nova celebración, pois temos que felicitar a Adriana que hoxe cumpre 4 anos.
Fixemos unha gran festa para celebralo, con moita música e moito baile, pois a Adriana encántalle.
Tamén ela mesma foi a encargada de repartir os pratos, vasos e manteis para os seus compañieros e...por suposto, non esquecimos soprar as velas para que se cumpriran todos os desexos de Adriana.

Moitos parabéns Adriana!

CABALEIROS, AO ATAQUE!

Logo duns días de moitas preparacións chegou o día: hoxe foi o antroido no colexio. Dende a aula de 3 anos queremos ensinarvos que ben quedaron os nosos disfraces. 



Como non podía ser doutro xeito, e xa que nos atopamos inmersos no gran proxecto dos castelos, o noso traxe para este día foi de cabaleiro medieval.
Pero tamén tivemos tempo para probar os doces propios do antroido: orellas e freixós, xunto con batido para todos.

En antes de marchar, o ANPA do colexio fixo un sorteo na aula, onde as afortunadas foron: María, Sofía e Ángela. Moitos parabéns!


FELICIDADES ALEXANDRE!

Rematamos a semana cunha nova celebración pois hoxe temos que felicitar ó noso amigo e compañeiro Alexandre, que hoxe cumpre 4 anos. Moitos parabéns Alexandre!

Que ben o pasamos, desexamos que che gustara o noso agasallo e que pasarás un día moi bonito!

FELICIDADES XOEL CARBALLO!

Está volta de vacacións está sendo moi axetreada, pois, logo da celebración do aniversario de Gabriel, hoxe celebramos unha nova entrada nos catro anos e temos que felicitar no seu día a Xoel Carballo.
Como non podía ser doutro xeito, fixemos unha festa para Xoel, con coroa, un biscoito delicioso, moita música para bailar e cantar e un agasallo de todos.

Moitas felicidades Xoel Carballo!




FELICIDADES GABRIEL!

E coincidindo coa volta á escola temos que celebrar ademáis dun novo ano (Benvido 2016) o aniversario de Gabriel, que hoxe celebra o seu cuarto aniversario.  No cole fixemos unha gran festa para celebralo.
Moitas felicidades Gabriel, felices 4  anos!

ENTREGA DA CARTA ÓS REIS MAGOS

E como remate deste días de festexo do Nadal no colexio hoxe tivemos a visita dos Reis Magos polo que antes de ir a velos tivemos que escribirlles a nosa carta para eles.
Unha vez rematada, Melchor, Gaspar e Baltasar estaban agardándonos na sala da bilioteca "Rosalía de Castro", onde tras depositar a nosa carta nos seus buzóns recibimos cada un de nós un agasallo.









Moitas grazas ó ANPA do colexio pola súa colaboración e felices festas de Nadal!

DÍA A DÍA: APRENDEMOS A ABOTOARNOS

Dentro das nosas rutinas de entrada, logo de sacar a chaqueta e a mochila e colgala no noso percheiro, está a de poñernos o mandilón. E paseniñamente, moitos de nós xa logramos abotoarnos e axudar ós nosos compañeiros.
Para mostra, estes botóns...




FELICIDADES MARCOS!

Novamente felicitamos a outro dos pequenos da aula de 3 anos, pois hoxe celebramos na aula o aniversario de Marcos, moitos parabéns polo teu terceiro aniversario, pasámolo xenial e comimos unhas tartas caseiras moi ricas. Gracias familia pola vosa colaboración!

FELICIDADES CARLOTA!

Hoxe celebramos no colexio o aniversario de Carlota.
Comimos un doce moi sabedor e bailamos e cantamos todos xuntos para desexarlles moitas felicidades no seu terceiro aniversario.

Moitas felicidades Carlota!

DÍA A DÍA: CARTEL PARA A FEIRA DE FUNGOS E COGUMELOS

Estes días atopamos inmersos na elaboración do noso cartel para o concurso anual da Feira de Fungos e Cogumelos. Os gañadores terán a fortuna de ser o próximo cartel anunciador da Feira, polo que, dende a aula de 3 anos facémolo con moito esmero e...afortunados ou non, disfrutamos moito coa súa realización.


E aquí, o resultado final, unha fraga chea de ourizos, fungos velenosos e follas coas cores do outono.


DÍA A DÍA: DECORANDO A AULA

Ademáis de pintar os nosos ladrillos para o castelo, tamén queremos decoralo para que nos quede moi bonito e todos queiran visitarnos, por iso hoxe estivemos decorando a aula con bandeirines, estamos moi contentos co resultado.








DÍA A DÍA: Decorando o noso castelo I

O noso castelo xa ten nome, pois entre todos decidimos chamarse: O CASTELO DO VENTO. 
Pero atópase aínda en construcción, pois falta decoralo, pintalo, poñer algúns ladrillos por aquí e por alá,...
Hoxe pintamos os ladrillos para o noso recanto da asamblea, de cor negro e marrón, estade atentos, pronto ensinaremos o resultado final.
Mentres tanto, para que a espera sexa máis liviana, mirade que ben traballamos facendo estes ladrillos.


NA BUSCA DO TESOURO

LILI, a nosa mascota da biblioteca tiña hoxe unha misión moi importante para nós, pois escribíunos para que a axudaramos a atopar un tesouro agochado na biblioteca. 
Por suposto, tiñamos que axudala a atopalo e marchamos ata ela.
Coa axuda de LILI, que nos deu unha pequenas pistas, logramos atopar o tesouro. Era un quebracabezas que logo de montar, nos levou ó agasallo final. Un libro xenial para a nosa mochila viaxeira.
Ademais, tamén nos tiña outra sorpresa preparada: os nosos carnets da biblioteca, polo que a partires de agora poderemos mergullarnos na gran aventura da lectura.