NA BUSCA DO TESOURO

LILI, a nosa mascota da biblioteca tiña hoxe unha misión moi importante para nós, pois escribíunos para que a axudaramos a atopar un tesouro agochado na biblioteca. 
Por suposto, tiñamos que axudala a atopalo e marchamos ata ela.
Coa axuda de LILI, que nos deu unha pequenas pistas, logramos atopar o tesouro. Era un quebracabezas que logo de montar, nos levou ó agasallo final. Un libro xenial para a nosa mochila viaxeira.
Ademais, tamén nos tiña outra sorpresa preparada: os nosos carnets da biblioteca, polo que a partires de agora poderemos mergullarnos na gran aventura da lectura.


No hay comentarios:

Publicar un comentario