Mostrando entradas con la etiqueta DÍA A DÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA A DÍA. Mostrar todas las entradas

DÍA A DÍA: APRENDEMOS A ABOTOARNOS

Dentro das nosas rutinas de entrada, logo de sacar a chaqueta e a mochila e colgala no noso percheiro, está a de poñernos o mandilón. E paseniñamente, moitos de nós xa logramos abotoarnos e axudar ós nosos compañeiros.
Para mostra, estes botóns...




DÍA A DÍA: CARTEL PARA A FEIRA DE FUNGOS E COGUMELOS

Estes días atopamos inmersos na elaboración do noso cartel para o concurso anual da Feira de Fungos e Cogumelos. Os gañadores terán a fortuna de ser o próximo cartel anunciador da Feira, polo que, dende a aula de 3 anos facémolo con moito esmero e...afortunados ou non, disfrutamos moito coa súa realización.


E aquí, o resultado final, unha fraga chea de ourizos, fungos velenosos e follas coas cores do outono.


DÍA A DÍA: DECORANDO A AULA

Ademáis de pintar os nosos ladrillos para o castelo, tamén queremos decoralo para que nos quede moi bonito e todos queiran visitarnos, por iso hoxe estivemos decorando a aula con bandeirines, estamos moi contentos co resultado.








DÍA A DÍA: Decorando o noso castelo I

O noso castelo xa ten nome, pois entre todos decidimos chamarse: O CASTELO DO VENTO. 
Pero atópase aínda en construcción, pois falta decoralo, pintalo, poñer algúns ladrillos por aquí e por alá,...
Hoxe pintamos os ladrillos para o noso recanto da asamblea, de cor negro e marrón, estade atentos, pronto ensinaremos o resultado final.
Mentres tanto, para que a espera sexa máis liviana, mirade que ben traballamos facendo estes ladrillos.