CABALEIROS, AO ATAQUE!

Logo duns días de moitas preparacións chegou o día: hoxe foi o antroido no colexio. Dende a aula de 3 anos queremos ensinarvos que ben quedaron os nosos disfraces. 



Como non podía ser doutro xeito, e xa que nos atopamos inmersos no gran proxecto dos castelos, o noso traxe para este día foi de cabaleiro medieval.
Pero tamén tivemos tempo para probar os doces propios do antroido: orellas e freixós, xunto con batido para todos.

En antes de marchar, o ANPA do colexio fixo un sorteo na aula, onde as afortunadas foron: María, Sofía e Ángela. Moitos parabéns!


No hay comentarios:

Publicar un comentario