SAMAGOSTEEN

Chegou a época do Magosto, do Halloween  e tamén do Samaín, por iso, no colexio fixemos unha gran festa para celebralo: O SAMAGOSTEEN.
LILI (a nosa mascota da biblioteca) decorou o seu fermoso castelo para a ocasión.
Moitos nenos e nenas trouxeron cabazas que fixeron coas súas familias.
Tamén a AMPA do cole colaborou nesta festa, deixando o colexio "TERRORÍFICO" cheo de grandes teas de araña, pantasmas, morcegos e mesmo un enorme espantallo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario