Vaia sorpresa tivemos hoxe. Logo de tomar as nosas merendas fixemos unha breve pero moi emocionante visita á aula Cemit situada no Centro de Usos Múltiples da Casa Dopeso pois alí nos esperaba...PAPÁ NOEL!
As novas tecnoloxías fixeron posible que dende a lonxana Laponia, Papá Noel falara con nós. Preguntóunos moitas cousas: os nosos nomes, como nos portamos neste ano e o máis importante, que queríamos que nos trouxese para o vindeiro 25 de decembro.
Moitas gracias Papá Noel por ter un ratiño para nós nestes días de tanto traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario